Quen somos?

REGADE é unha entidade sen ánimo de lucro creada no ano 2005 para desenvolver programas de atención integral, formar a profesores, familiares, e a todas aquelas persoas que están en contacto directo coa infancia.

O noso empeño é conseguir que todos os nenos/as que viven en Galicia e presentan dificultades ou trastornos no seu crecemento e desenvolvemento reciban, no momento adecuado os tratamentos e a atención que necesitan.

O noso proxecto baséase nun modelo de sectorización que facilita a todas as familias Galegas:

  • Accesibilidade aos servizos e tratamentos.
  • Igualdade de oportunidades.
  • Calidade de vida.

Os CDIAF (Centros de Desenvolvemento Infantil e Atención Familiar) somos centros de carácter psicopedagóxico e/ou psicoterapéutico, que atendemos a nenos/as de idades entre 0-16 anos e ás súas familias.

Desde o sector privado ofrecemos unha atención personalizada de calidade á infancia , en diferentes ámbitos: social, psicomotor, escolar, psicolóxico e da linguaxe; acompañando en todo momento á familia durante o desenvolvemento do neno/a.

Atención Temperá é o conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, a familia e a súa contorna. O seu obxectivo é dar resposta, o máis pronto posible, ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos/as con trastornos no seu desenvolvemento ou en risco de padecelos.

 

Anuncios